O martes 11 de novembro pola tarde, celebraremos no Colexio o Magosto. Non olvides traer un puñado de castañas cun picazo.
Tradicionalmente no Magosto cantábanse cantigas coma:
“Non chas quero non chas quero”
non chas quero
castañas do teu magosto
non chas quero non chas quero
que me cheiran ao chamosco
Santo que estás no canizo
vota castañas abaixo
que anque non teño mandil,
apañochas no refaixo
Indo polo souto abaixo
atopei un ouriciño
tres castañiñas me deu
para ti meu queriño
A castaña no ourizo
cria moita gravidade
fai coma os mozos solteiros
criados na liberdade
Adiviñas como:
“Unha cousiña cousa
criada no monte,
enxoita na casa
e comese sin tasa.”
Refráns coma:
“A castaña no agosto quere arder, e no Setembro beber.”
“Temperá e a castaña, que por Setembro regaña.”
“A castaña e o besugo no febreiro non ten zugo”
“ Castaña que está no camiño, e do veciño’’
Rosalía de Castro , na súa obra , adícalle poemas ós zonchos
Has de cantar,
que che hei dar zonchos;
has de cantar ,
que che hei dar moitos.
Poema de Outono
As árbores espidiñas
sen follas,sen folliñas.
Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.
Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.
Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan
co vento
todos collidos
da man.
Antonio García Teijeiro
- Antonio García Teijeiro