A Festa do Magosto
celebrada hoxe no colexio volveu ser tan especial e divertida coma sempre. O arrecendo das castañas asadas encheu o patio, onde todos gozamos da súa degustación grazas á colaboración da ANPA. A continuación, participamos nos xogos populares organizados polo alumnado de 2º de ESO.
Hoxe luciu un fermoso sol de outono, o que fixo aínda máis especial esta xornada tan querida por toda a comunidade educativa.
