23 de marzo
viernes, 22 de marzo de 2024
jueves, 7 de marzo de 2024
Saida cultural : A igualdade non ten truco
Por que hai poucas magas?
É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual.
Obxectivos
- Promover a igualdade de xénero a través da perspectiva particular do ilusionismo.
- Concienciar á mocidade da necesidade da igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade.
- Dar a coñecer conceptos chave do feminismo.
- Recoñecer o papel das mulleres ilusionistas no mundo da maxia.
- Proporcionar referentes femininos para incentivar o interese das alumnas polo mundo do ilusionismo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)