lunes, 29 de agosto de 2022

VOCABULARIO GALEGO : TEMA 1

 VOCABULARIO TEMA 1

1 Contorna-periferia,redonda,volta.

2 Xerando-verbo xerar,producir,crear

3 Termos-modo,xeito,límite,remate,fin.

4 Agochar-esconder,ocultar,tapar,abrigar,arroupar.

5 Lembra-verbo lembrar,traer á memoriaunha cousa,acordarse.

6 Teixugo-mamífero carniceiro que vive en tobos,porcoteixo.

7 Séculos-espazo de tempo que abrangue 100 anos,moito tempo.

8 Vinganza-acción e resultado de vingar,represalia,desquite.

9 Viúva-dise da persoa a quen lle morreu a parella.

10 Esquecelo-verbo esquecer,non lembrar.

11 Luscofusco-momento final da tarde no que case non queda luz,atardecer

12 Serán-parte do día que comprende desde a tardiña á entrada da noite.

13 A carón-ao lado de,á beira de.

14 Herdara-verbo herdar,recibir por dereito os bens dunha persoa despois da súa morte.

15 Creto-fama,reputación,crer o que outro di ou asegura.

16 Ondas-movemento ascendente ou descendente do mar.

17 Bágoas-lágrimas

18 Candeas-cilindro de cera para alumear,cirio.

19 Acibeche-variedade do lignito que se emprega en xoiaría.

20 Feitizos-conxunto de prácticas para conseguir un efecto máxico,meigallo.

21 Preto-cerca de

22 Meiga-bruxa

23 Trolas-mentiras

24 Entón-daquela,naquel tempo.

25 Cobizosos-os que teñen cobiza,dexeso forte de conseguir algo.

26 Conxuro-invocación feita por unha meiga para espantar os malos espíritos.

27 Engadimos-verbo engadir,unimos,xuntamos,agregamos.

28 Feixe-conxunto de paus,herba,millo,palla ou semellantes.

29 Cóxegas-sensación que provoca un riso involuntario.

30 Remexemos-verbo remexer,revolvemos.

31 Vaidoso-presumido.

32 Rexeitaba-verbo rexeitar,repelía,refugaba,non admitía.

33 Faciana-cara,faz,tez.

34 Louros-de cor castaña escura tirando a vermella.

35 Afastarse-alonxarse.

36 Fuxía-escapaba.

37 Atopar-encontrar

38 Ningures-en ningún lugar,en ningún sitio.

39 Reflectidos-reflexados.

40 Gadoupas-extremidade dalgúns animais de uñas fortes,garras.

41 Amolarme-provocar molestia ou enfado.

42 Fazaña-valor,mérito,esforzó,acción extraordinaria.

43 Curuto-cima de algo

44 Agatuñar-subir a un lugar servíndose dos pés e das mans,gabear.

45 Chanzos-pasos dunha escaleira,escalóns.

46 Mol-suave,brando.

47 Atinar-acertar

48 Penedos-pedras grandes que sobresaen da superficie da terra ou do mar.

49 Moura-de cor escura ou negra.

50 Desanoar-desatar ou desfacer un nó.

51 Baleirou-vaciou

52 Esvaecer-diminuír ou desaparecer pouco a pouco.

53 Mágoa-lástima,pena.